#CRECEMOSXUNTOS
Ampliación de Capital Social
Ampliación de capital 2026
Accionista e Deportivista, Xa está en marcha a campaña de ampliación de capital para que poidas seguir axudando a construír un Club máis forte e teñas a posibilidade de manter a túa porcentaxe de propiedade dunha entidade participada por miles de Deportivistas como ti. A contía da ampliación de capital máxima é de 4.303.571,44 euros, mediante a emisión de 53.794.643 novas accións, de 0,08 euros de valor nominal cada unha delas. As accións levan aparellada unha prima de emisión de 0,48 € por acción e o número de accións que podes subscribir está limitado a 0,54208981 accións por cada accións que posúas no momento previo á Xunta de Accionistas que se celebrou o pasado 5 de febreiro.
Esta ampliación está só dirixida a ACCIONISTAS que xa tivesen esta condición antes do 5 de febreiro.
Non poderán adquirir accións persoas non accionistas.
Se es accionista, desde o Club animámosche a que participes desta ampliación para seguir axudando a construír un Club máis forte. Completa o seguinte formulario, indicando o número de accións que desexas e inicia o proceso de adquisición. Grazas por seguir sendo parte desta historia!
Historia que nos impulsa
Velaquí estamos para axudarte
Onde
Estadio ABANCA-RIAZOR Avenida da Habana s/n
Para calquera dúbida ou problema
accionistas@rcdeportivo.es